Ames Novo camiña cara ás municipais co apoio de distintos dirixentes políticos

É un modelo, que como o dalgunhas mareas, está funcionando. Dirixentes de Anova, EU, Ecosocialistas, Equo, Compromiso por Galicia ou Guanyem Barcelona, entre outros, teñen xa asinado o manifesto que este grupo presenta para as vindeiras eleccións.

Por Galicia Confidencial | Ames | 19/11/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ames Novo é un dos exemplos que existe no país de como unha plataforma é quen de aglutinar diferentes sensibilidades e grupos políticos co obxectivo de chegar a un proxecto común co que presentarse ás vindeiras eleccións municipais.

Unha das asembleas de Ames Novo
Unha das asembleas de Ames Novo

De feito, dirixentes e militantes de formacións como Anova, EU, CxG ou mesmo o BNG teñen apoiado o modelo de Ames Novo que ten como condicións a celebración de primarias abertas a toda a cidadanía, “garantindo ampla participación e limpeza no proceso”.

Tamén reclama un programa participativo no que idear un proxecto de municipio “contando coa sociedade civil, asociacións, tecido comunitario e toda a xente que queira achegar propostas para un futuro en común”.  Ademais, pide que todos os cargos públicos desta candidatura deban asumir un código ético vinculante, “de xeito que poidan ser revogados se non cumpren cos requisitos básicos de honestidade, democratización das institucións e rendición de contas ante a cidadanía”.

Estes son os principais principios ideolóxicos que moven a esta plataforma que celebrará a súa primeira asemblea colectiva o vindeiro 2 de decembro en Bertamiráns. Polo momento, o seu manifesto conta co apio de 240 persoas; o 52% homes e o 48% mulleres. 

Entre estes apoios están representantes de distintas forzas políticas, como Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida; Xoán Hermida, coordinador nacional de Espazo Ecosocialista Galego; Ángel Montero, voceiro de Equo Galicia; Martiño Noriega, portavoz nacional de Anova e alcalde de Teo; Xabier Ron, deputado de AGE; Lidia Senra, eurodiputada; Xoán Carlos Bascuas, secretario xeral de Compromiso por Galicia; ou Raimundo Viejo, promotor de Guanyem Barcelona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 abella

Xaime Subiela repetirá liberación?

3 Amesan

Plataforma comun? Levan tres anos de concelleiros e xa os coñecemos (non digamos as vidas anteriores da lideresa). Por certo, algun do GC estaba na foto do concello do sábado?

2 Tin

pareceme ben pero non sei que pinta EU.

1 Un que sabe

E a enchufada do Consorcio de Quintana, Pilar Candocia, vai encabezar a lista?