Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 16:43
As intensas choivas que caeron nas últimas semanas en Galicia encheron as reservas hidráulicas despois de que se alcanzaron situacións de prealerta por seca e restricións na billa durante a época estival. Actualmente, as concas galegas teñen máis auga embalsada que hai un ano e rozan a media que se alcanzou na última década.
Concretamente, segundo os datos do boletín hidrolóxico que publica cada semana o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco), recollido por Europa Press, Galicia ten embalsados 2.061 hectómetros cúbicos, o que supón o 55,5 por cento de toda a súa capacidade.
No caso da conca Galicia Costa, a porcentaxe elévase ao 64,3 por cento, ao contar con 440 hectómetros embalsados, fronte aos 684 de capacidade da que dispón e os 309 do ano anterior. De medioa no últimos dez anos, alcanzáronse os 438 hectómetros cúbicos.
Mentres, a conca do Miño-Sil está algo por baixo do 55 por cento, un 53,5 por cento. Ten embalsados 1.621 dos 3.030 hectómetros cúbicos que pode almacenar, fronte aos 1.398 do ano pasado e os 1.638 de media da última década.
Deste xeito, a conca Miño-Sil está ao 54,7 % cun total de 1.657 hectómetros. Ademais, os datos indican que a reserva está un 25,75 % por encima que hai un ano e conta cun 3,56 % máis de auga que na media do últimos dez anos.
Pola súa banda, os encoros de Galicia Costa atópanse ao 71,1 % da súa capacidade total, ao situarse nos 486. Así, conta con 145 hectómetros máis de auga que en hai un ano e con 61 por encima da media da última década.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.