As baixas reservas dos grupos 0+ e A+ obrigaron a reprogramar unha vintena de invervencións cirúrxicas

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2022 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes dos grupos 0 positivo e A positivo.

Segundo informou a Xunta, debido ás baixas reservas dos grupos 0+ e A+, este martes reprogramaron unha vintena de intervencións cirúrxicas non urxentes en pacientes que pertencen a estes grupos. Así, os afectados serán citados de novo "axiña que como sexa posible".

Desta forma, explicou que a demanda de compoñentes sanguíneos e a coincidencia de días festivos na mesma semana provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Ante isto, a Xunta fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos.

Así mesmo, o Executivo galego detallou que o dez unidades móbiles da ADOS visitarán nestes días os diferentes concellos de Galicia para conseguir as doazóns necesarias que garantan o desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios.

PUNTOS DE DOAZÓN

Así, este mércores estarán en: Escola de Especialidades Antonio de Escano (Ferrol); Pontedeume; Toyota Breogán (Perillo-Oleiros); Obelisco (A Coruña); Corcubión; Jealsa (Boiro); Praza Roxa (Santiago); Ferrería (Pontevedra); AKWEL e Travesía (Vigo); Bº Augas Ferreas (Lugo); Xove; Trasmiras; Santa Baia; Cualedro e Xironda (Cualedro).

No que respecta ao xoves as unidades móbiles estarán en: Escola de Especialidades Antonio de Escano (Ferrol); Cedeira; Acuartelamento de Atocha (A Coruña); Camelle e Ponche do Porto (Camariñas); Cerceda; Jealsa (Boiro); Cacheiras (Teo); Vilagarcía; Ponteareas; Goián (Tomiño); Chantada; CIE Galfor (San Cibrao das Viñas) e en Piñor Arenteiro.

Con todo, o venres desprazaranse a: Barrio Inferniño (Ferrol); Barrio Novo Mesoiro (A Coruña); O Burgo (Culleredo); Boiro; Lestedo (Boqueixón); Vilagarcía; García Barbón (Vigo); Cangas do Morrazo; Praza Maior (Lugo); Foz e Xinzo de Limia. Finalmente, o sábado estarán en: Neda; Fonteculler (Culleredo); Boiro; Vilagarcía; Cangas do Morrazo e Monterroso.

Ademais, a administración galega lembrou que é posible doar no Hospital Clínico Universitario de Santiago; Hospital Universitario da Coruña; Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol; Hospital Lucus Augusti de Lugo; Hospital Universitario de Ourense; Hospital Provincial de Pontevedra e no Hospital Nicolás Pena de Vigo.

Autobús de doazóns de sangue da ADOS / ADOS - Europa Press / Europa Press
Autobús de doazóns de sangue da ADOS / ADOS - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta