Guía para gozar das bibliotecas e museos de Galicia durante este Nadal

Haberá contacontos, talleres, exposicións e programas de dinamización lingüística en municipios do catro provincias

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Os museos e bibliotecas públicas da Xunta contan, desde este venres e ata o 5 de xaneiro, con case un centenar de actividades culturais do Nadal como sesións de contacontos, talleres, exposicións ou visitas guiadas.

Segundo sinalou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, estas propostas compleméntanse cunha nova edición do programa de dinamización lingüística 'Nadal en rede', que levará actividades a unha vintena de concellos. O catálogo de actividades ao completo, así como a información correspondente destas iniciativas, pódese consultar a través da Axenda de Cultura de Galicia.

Nena nunha exposición de Nadal. XUNTA DE GALICIA
Nena nunha exposición de Nadal. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

A CORUÑA

Na cidade da Coruña o punto central das actividades é a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, con propostas para os máis pequenos. Entre elas inclúense, o sábado 17 'Universo verso' a cargo de Chus Álvarez, e o venres 23 o contacontos teatral de 'Trinketrinke e a ratiña Lilí Gruyére'.

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, acollerá talleres, contacontos e mostras bibliográficas. Así, tanto o Centro Galego de Arte Contemporánea como a Cidade da Cultura contarán con actividades e iniciativas.

Así mesmo, no resto da provincia están previstas actividades de 'Nadal en Rede' en localidades como Malpica de Bergantiños, Boiro, Ribeira, Narón, Valdoviño e A Laracha.

LUGO

A capital lucense contará con actividades na Biblioteca Pública e está previstas a sesión de contacontos, teatro, xogos tradicións e concertos. Nestas liñas, a Xunta programa outras iniciativas na provincia como o taller 'E se facemos xoguetes en familia?', que acolle este sábado o Museo do Castro de Viladonga. Así, concellos como Chantada ou Cospeito contarán con actividades de 'Nadal en Rede'.

OURENSE

En Ourense, a Biblioteca Pública Nós acollerá, entre outras, actividades e talleres entre o martes 27 de decembro e o xoves 5 de xaneiro.

Outros dos puntos centrais da programación de Nadal na provincia no Museo Etnolóxico de Ribadavia, que conta cun amplo abanico de iniciativas. Ademais, 'Nadal en Rede' chegará aos concellos do Carballiño e o Barco de Valdeorras.

PONTEVEDRA

Pola súa banda, a Biblioteca Pública Antonio Odriozola acollerá tamén contos do Nadal e outras sesións de actividades. No resto da provincia, 'Nadal en rede' chegará a municipios como Campo Lameiro, Salceda de Caselas ou Lalín.

Así mesmo, durante todo o período de vacacións, a Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo contará con actividades, exposicións e o campamento 'Un Nadal de emocións', para nenos de 4 a 13 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta