IVE cero para os produtos básicos da compra, proposta do BNG ante a escalada de prezos

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 16/12/2022 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, reclamou este venres, en Redondela medidas contra a escalada de prezos dos produtos de alimentación.

Esta subida no custo dos alimentos esconde, para Pontón, un alto grao de especulación e provoca que ter unha alimentación saudable sexa "un luxo". Por iso, propuxo un "IVE cero" para os produtos que conforman a cesta básica da compra.

Así mesmo, Ana Pontón defendeu a creación dun observatorio galego de prezos que determine como se conforman os custos ao longo de toda a cadea de valor para detectar a especulación e "corrixila". "É actuar para que os que máis gañan nesta crise acheguen máis, e isto inclúe á banca e ás eléctricas pero debe incluír tamén á gran distribución", asegurou.

Durante a súa visita á praza de abastos así como a diferentes comercios de Redondela, a portavoz nacional do BNG tamén sinalou que "se deben evitar os erros do pasado e que os de sempre paguen a crise mentres os de sempre enriquécense".

"Hai que actuar porque a especulación coa alimentación está a provocar unha gran desigualdade e non é de recibo que as grandes distribuidoras estean a aumentar os seus beneficios, mesmo cando se producen prácticas especulativas como as que están a denunciar diversos organismos advertindo de incrementos do 200 % no prezo de determinados alimentos", engadiu.

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, en Redondela
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, en Redondela | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta