Queres coñecer cales son os mellores meles de Galicia?

Os meles de castiñeiro e eucalipto, entre os máis premiados.

Por Galicia Confidencial | Boqueixón | 16/12/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A marca ‘Meles J.S.’ de Souto Vivo, C.B. e o mel de eucalipto ‘O Trobo Mel do Valadouro’ de M.a Fe Sixto Pernas, alzáronse coas distincións de ouro nas categorías mel multifloral e mel monofloral, respectivamente, na XXI Cata dos Meles de Galicia que se celebrou de forma conxunta coa XXV Cata dos Queixos de Galicia en Sergude (Boqueixón).

Premio da Cata de Meles de Galicia
Premio da Cata de Meles de Galicia

Como non, as distincións de ouro non foron as únicas que se entregaron nunha edición á que se presentaron 33 mostras de 20 industrias envasadoras; 14 para a categoría monofloral e 19 no que respecta á multifloral. Durante esta vixésimo primeira Cata tamén puideron volver á casa cun galardón baixo o brazo ‘Manuel Sande’ de José Manuel Fernández Sande e ‘Horta das Colmeas’ de Eva M.a Rey Timiraos, recollendo a prata e o bronce na categoría mel multifloral. No que concirne ao mel monofloral, o mel de castiñeiro ‘El Colmenar de Sara’, de González Carballal, S.L. facíase coa distinción de prata, mentres que o bronce recaería no mel de eucalipto ‘Meles J.S.’ de Souto Vivo, C.B.

A Consellería da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, convoca anualmente esta cata-concurso co obxecto de distinguir e valorizar o mel galego

Dentro deste sector, o 18 % dos envasadores son xóvenes que apostaron polo rural, a preservación da contorna e o comercio de proximidade, e que tamén un 30% das envasadoras son de produción primaria. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta