Beléns para non perderse nin un detalle: de Abel Caballero en Valga a unha Xerusalén a tamaño real en Viveiro

Hoxe en día os Beléns deixan de ser representacións fieis do nacemento de Xesucristo e adáptanse aos tempos con esceas familiares e recordos desta e doutras épocas.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 16/12/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Os Beléns naceron cunha motivación relixiosa, mais co paso do tempo convertéronse simplemente nunha representación plástica cun toque artístico que xa non só teñen por que facer referencia ao nacemento de Xesucristo, senón que tamén se amoldan aos acontecementos da sociedade actual. O mellor exemplo deste tipo en Galicia constitúeu o Belén artesanal de Valga, pero hai moitos outros dignos de mención. Se non tes plans para esta fin de semana, apunta as opcións que che presentamos:

Belén de Valga
Belén de Valga | Fonte: GC

POLÉMICA EN VALGA:

Esta é unha das composicións típicas do Nadal máis famosas de Galicia. As súas dimensións son impresionantes, pero máis destacable aínda que o tamaño é o contido. Todos os anos amosa diferentes feitos polémicos que constitúen unha especie de repaso polo máis soado dos doce meses. E este, non ía ser a excepción. 

Ao tratarse dun deseño en movemento, nel podes ver ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, bailando break dance, ou subido na noria xigante instalada no seu querido Nadal. Tamén a Tanxugueiras cantando en Eurovisión ou as longas colas que todos tivemos que esperar para poñernos as vacinas contra o covid. 

Se te animas a visitalo, recomendámosche que non perdas detalle, pois nada está posto porque si nesta obra mestra que crean diferentes asociacións e que ano tras ano supérase a si mesma. Busca en todos os recunchos e mesmo no interior das casiñas, pois non hai milímetro que quede sen encher.

Belén de Conxo
Belén de Conxo | Fonte: Commons

TAMAÑO REAL EN VIVEIRO:

Se hai que destacar un Belén vistoso en Galicia ese é, sen lugar a dúbidas, o de Viveiro, aínda que só sexa polo tamaño das súas figuras. Cada un dos elementos representados ten tamaño real e distribúese de xeito coidado polas rúas do casco histórico. 

Se te achegas esta fin de semana sentiraste como se paseases polas rúas da cidade de Xerusalén fai dous mil anos. É impresionante como o contexto logra trasladarnos no tempo, viaxando a un lugar tan recóndito sen ter que saír de Galicia.

OFICIOS TRADICIONAIS EN BEGONTE:

Este caso é dos máis antigos que se elaboran no noso país. Con medio século de Historia ás súas costas, é a atracción navideña con máis tradición de Galicia. De feito, está declarado ben de interese turístico

Que ten de especial? Representa esceas tradicionais galegas, dando especial protagonismo aos oficios agrícolas, gandeiros e do mar. E as súas figuras, como sucede no caso de Valga, teñen vida propia, grazas á animación electrónica.

Ir a visitalo é unha boa forma de darlle a coñecer aos máis pequenos oficios que hoxe en día se están a perder e que boa parte xa nin se coñecen. Ao final un pobo nace da súa cultura e preservala mediante este tipo de manifestacións culturais é tarefa de todos.

SENTIMENTO FAMILIAR EN CONXO (SANTIAGO):

Paco Otero é dende fai 40 anos o creador do Belén Familiar de Conxo, cunha montaxe espectacular. O que máis chama a atención desta composición son as súas luces, colocadas con mimo en cada punto que se pretende resaltar.

Todas as figuras que o conforman son 100 % artesanais, e pasaron de xeración en xeración. Están feitas a base de fío de sedal e para poder poñelas a funcionar Paco ten que cortarlles os brazos previamente e logo volver montalos. 

Cada figura ten unha simboloxía moi concreta, ningunha está colocada ao chou, todas teñen unha función. Son 38 as escenas representadas, así que comeza a investigar e tómate o teu tempo cando o visites.

O BARRO COCIDO DE BALTAR (OURENSE):

Maís dun centenar de figuras de barro cocido teñen de fondo unha fotografía da cidade de Ourense antaño. Así, ademais de recrearse o nacemento de Xesús, na escena aparecen xogos na praza, un fotógrafo ambulante, a taberna, o forno...

É unha obra mestra que debe a súa autoría a Arturo Baltar, que aínda recorda coa súa obra o café cantante 'A Bilbaína', onde actuou Lola Flores nos seus comezos, ou a posada Casa Carlota con damas como la Noalla, la Cubana ou la Nonó, da novela 'A Esmorga', de Eduardo Blanco Amor.

Para poder disfrutar deste Belén en condicións, recomendámosche que collas primeiro unha guía, pois en caso contrario poderías perderte moitos detalles moi interesantes.

Belén de Baltar
Belén de Baltar | Fonte: Commons
Belén de Begonte
Belén de Begonte | Fonte: Commons
Belén de Viveiro
Belén de Viveiro | Fonte: Commons
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta