Xunta e Fiscalía buscan un modelo de mellora na atención para as Oficinas de Atención ás Vítimas

Fixérono tras asinar, previamente, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidenica, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, a renovación dun convenio para que os fiscais teñan acceso á base de datos autonómica de menores tutelados.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/12/2022 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Fiscalía e Xunta abordaron, na Comisión Mixta de Coordinación entre o Ministerio Fiscal e a Administración autónomica, avanzar na consolidación dun modelo de atención asistencial desde as Oficinas de Atención ás Vítimas.

Fixérono tras asinar, previamente, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidenica, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, a renovación dun convenio para que os fiscais teñan acceso á base de datos autonómica de menores tutelados.

Na Comisión Mixta, acordouse seguir co desenvolvemento do protocolo de actuación de asistencia integral ás vítimas de delitos, con especial consideración ás de violencia de xénero e persoas vulnerables.

"Xunta e Fiscalía seguen avanzando para consolidar o modelo de atención asistencial desde as Oficinas de Atención ás Vítimas (OAV)", informa a Fiscalía Superior de Galicia. Á súa vez, a Xunta explica que o seu obxectivo é consolidar este modelo, que abarca desde a intervención psicolóxica ata as medidas de protección.

A reunión, na que se trataron tamén cuestións relativa ás infraestruturas e os medios materiais, tivo lugar despois da firma do convenio de colaboración polo que os fiscais terán acceso directo á base de datos que ten sobre os menores tutelados a Consellería de Política Social.

Ata o momento o acceso a estes datos por parte da Fiscalía realizábase tras unha solicitude formal do fiscal á Xunta e agora o acceso será directo, segundo explicou o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, asinan un convenio de colaboración. MONCHO FONTES
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, asinan un convenio de colaboración. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Minhamamainhadoceo

Vaia comedia! Estes do Pepé fan unha noticia de calquera insignificancia. O caso é facer a foto.