Aemet prevé moita choiva na Coruña e Pontevedra este venres

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou unha alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a media mañá deste venres cunha precipitación acumulada en 12 horas que podería alcanzar os 80 mm.

Nesta mesma provincia está tamén activa a alerta amarela por choivas desde primeira hora da mañá no nordés, oeste, suroeste e interior cunha precipitación acumulada que podería alcanzar os 40 mm. en 12 horas e os 15 mm. nunha hora.

A alerta amarela esténdese ademais á zona das Rías Baixas de Pontevedra, onde a precipitación acumulada poderá alcanzar os 40 mm en 12 horas e os 20 mm. nunha hora.

Fortes choivas nas inmediacións da Torre de Hércules
Fortes choivas nas inmediacións da Torre de Hércules | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta