A incidencia da gripe segue á baixa en Galicia

As maiores taxas de ingreso observáronse no grupo de 65 anos e máis e no de cero a catro anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A incidencia de consultas por casos de gripe en Galicia continúa, unha semana máis, á baixa, cunha intensidade baixa da actividade gripal e unha tendencia decreciente.

Segundo o último informe realizado polo Sergas, a taxa de consultas no conxunto de Galicia creceu un 18% respecto da semana anterior, algo esperable dado que se produciron varios festivos. A taxa de consultas creceu en todas as provincias e en todos os grupos de idade, excepto de cero a 19 anos.

No relativo á vixilancia microbiolóxica, a positividade das mostras estudadas para gripe A diminuíu ata o 6,4%. Nas mostras estudadas para tipo B, a positividade foi do 0%. Na pasada semana notificáronse 75 ingresos de persoas con gripe confirmada, o que supón un descenso do 13% con respecto á semana previa. As maiores taxas de ingreso observáronse no grupo de 65 anos e máis e no de cero a catro anos.

Unha muller recibe a vacina contra a gripe
Unha muller recibe a vacina contra a gripe | Fonte: Alberto Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta