Alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo este venres

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou para este venres, 30 de decembro, unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo. Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno meteorolóxico adverso deixará mar combinado do oeste e soreste con ondas de ata seis metros e vento do sur e suroeste de forza 8.

A alerta comezará a primeiras horas do día na costa noroeste da Coruña, para ao mediodía estenderse ao oeste desta provincia e á de Lugo. Xa a metade da tarde, afectará o suroeste coruñés.

Por este motivo, a Xunta, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, ás deputacións, aos servizos provinciais de emerxencias, agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

Emerxencias lembra nun comunicado a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompientes e paseos marítimos, así como de extremar a seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os amarres das embarcacións.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta