O temor a crecidas de ríos en Pontevedra e Ourense activa o plan especial de risco por inundacións

Están en alerta o río Deva, o río Tea, o Arnoia e o Lérez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A Xunta mantén activo o Plan Especial de Risco por Inundacións ante a subida do caudal en ríos das provincias de Pontevedra e Ourense.

En concreto, segundo trasladou este venres o 112 Galicia, os ríos que se atopan baixo vixilancia son o río Deva, ao seu paso polas Regadas, en Arbo (Pontevedra); o río Tea, ao seu paso por Mondariz, Ponteareas e Bouza do Viso (Pontevedra); o río Avia, en Ribadavia (Ourense); o río Arnoia, en Baños de Molgas (Ourense); e tamén a estación do Lérez.

A central de emerxencias detallou que a información recibida a través dos sistemas de control e seguimento sinala que, ao superar os limiares establecidos, estes cursos presentan un crecemento significativo dos caudais, polo que poden producirse desbordamentos puntuais.

Ante esta situación, lembra á poboación a necesidade de incrementar a precaución, principalmente nas estradas e vías secundarias próximas a pontes ou torrentes, xa que a subida repentina do caudal pode provocar dificultades na circulación.

Campo alagado polo desbordamento do río Tea
Campo alagado polo desbordamento do río Tea | Fonte: Gustavo de la Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta