CESM Galicia esixe ao Goberno estatal que acabe co "recorte" nas pagas extras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) esixiu ao Goberno de España que deixe de imporlles un "castigo" e acabe "dunha vez por todas" co "recorte", que cifran en máis do 30%, nas pagas extraordinarias que perciben nos meses de xuño e decembro.

Así mesmo, a través dun comunicado, o CESM referenciou este venres as conclusións do informe elaborado polo Centro de Estudos do Sindicato Médico de Granada, que analiza a evolución das "escasas" subidas lineais das remuneracións dos facultativos, mentres que se queixan de que non recuperaron todo o poder adquisitivo tras "recortes" na paga extra.

Nesta liña, o informe detalla que desde que José Luís Rodríguez Zapatero aplicou o decreto de medidas extraordinarias para a redución do déficit público o ano 2010, os 136.000 facultativos do Sistema Nacional de Saúde deixaron de percibir 1.800 millóns de euros, da paga extra de decembro.

Ademais aseguraron que este ano médicos e facultativos cobraron 775,61 euros nas extras de xuño e decembro, un 2,15% menos que o sector da enfermaría, que cobrou 792.64 euros. Tamén, os facultativos sosteñen que ao non deflactar as táboas do IRPF, que son progresivas, unha subida do 2% nas retribucións como a deste ano provoca un incremento da retención de case un punto sobre toda a nómina.

Médico e prescrición de receita
Médico e prescrición de receita | Fonte: Icomen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta