A Lei de Familias "afectará negativamente" ás numerosas e monoparentais, segundo a Xunta

Presentou alegacións porque entende que o texto "invade" competencias autonómicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2023 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A Xunta presentou alegacións contra a Lei de Familias do Goberno central porque entende que o texto "invade" competencias autonómicas e "afectará negativamente as familias numerosas e ás monoparentais.

Así figura nun escrito trasladado polo Goberno galego ao Executivo central no que, entre outras cuestións, pide que non desapareza a denominación de familia numerosa, segundo recolle un comunicado enviado aos medios este mércores.

Deste xeito, a Xunta censura que "entre a variada lista de familias que recolle a lei" non se inclúa a de familia numerosa, mentres que afea que a lei "limite o concepto" de familia monoparental.

Neste senso, asegura que as comunidades "xa regularon esta tipoloxía", polo que "se non se modifica" o borrador da lei, "centos de familias" perderán o título acreditativo que outorga a Xunta.

Outra das críticas é que "non" exista "ningún avance" en materia económica para a primeira etapa educativa dos nenos. "O Executivo central segue sen destinar un só euro a garantir a gratuidade das escolas infantís, medida pioneira da Xunta e que está a ter unha grande acollida entre as familias", engadiu a Consellería de Política Social nun comunicado.

Por último, acusa ao Goberno de "non contar" coa participación das comunidades para incorporar ideas a un texto normativo "que invade competencias autonómicas". Por todo iso, a Xunta demanda un encontro presencial do Consello territorial de Servizos Sociais para abordar a nova Lei de Familias.

Neno xoga nun centro educativo
Neno xoga nun centro educativo | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta