Por E.P. | A CORUÑA | 04/01/2023 | Actualizada ás 19:40
Nenas e nenos de Ucraína residentes en Galicia poderán gozar dunha experiencia diferente este xoves con motivo do Nadal, que no seu país celébrase o día 7 de xaneiro, segundo informa Afundación.
En concreto, visitarán a exposición 'AI: More than Human', na sede da Coruña, e alí terán despois unha pequena celebración. Farano grazas ao traballo conxunto entre a asociación AGA-Ucraína, que traballa tanto para axudar á poboación de Ucraína, chegada a Galicia fuxindo da invasión do seu país, como para enviar axuda ás persoas que permanecen en Ucraína.
O evento comezará ás 11,00 horas e as familias estarán acompañadas pola presidenta de AGA-Ucraína, Natalia Afonina, e a coordinadora xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación, Pilar Alves. Nenos e nenas poderán interactuar co can Aibo, dotado de IA, ou xogar con máquinas intelixentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.