Un camión da Finsa, protagonista do programa 'Control de carreteras', faise viral en YouTube

O máis tolo de todo é que transportaba laranxas, non madeira.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 05/01/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

'Control de carreteras' é un programa que se emite en Discovery Max (agora tamén dispoñible en Movistar +), que conta o día a día dos axentes da Garda Civil de Tráfico e as súas máis tolas intervencións. Aínda que, sen dúbida, acadou a súa fama grazas aos clips curtos cos seus mellores momentos subidos na canle de YouTube de Discovery Max.

Camión de laranxas da Finsa
Camión de laranxas da Finsa | Fonte: YouTube

O último destes vídeos resumo, publicado fai dous días, fíxose viral e aínda segue entre o 'top 10' en Tendencias desta plataforma, acumulando xa máis de 130.000 reproduccións. A nosa sorpresa? Que nel aparece un camión dunha empresa moi coñecida por todos os galegos e galegas: a Finsa (Financieira Madereira S.A.), a empresa de fabricación de tableiros de madeira. 

Ao parecer o camioneiro tivo un problema circulando por unha estrada andaluza e perdeu parte da carga que levaba: palés de laranxas. Si, si, palés de laranxas! Dende cando un camión da madereira Finsa leva froitas? Estas quedaron ciscadas pola estrada impedindo a correcta circulación nun dos carrís, polo que os axentes de Tráfico non tardaron en chegar ao lugar.

Tras facerlle os controis pertinentes de alcolemia e drogas comprobaron que o condutor se atopaba en perfecto estado e que, efectivamente, tan só tivera un problema co peche da lona lateral, que se abriu. Tamén o disco coas horas de circulación e a velocidade da marcha estaba correcto.

O pobre home amosábase moi nervioso e afanábase en recoller as caixas tiradas metros atrás do lugar no que aparcara o camión. Finalmente os axentes acompañárono ata unha saída da autovía onde puido reacondicionar a carga para continuar co seu traxecto sen penalización algunha.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta