As axudas para autónomos non teñen en conta a gandeiros e agricultores

Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego esta situación e piden que antes do luns día 9 se modifique o procedemento para facerse por concorrencia competitiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciaron que as axudas da Xunta para autónomos non teñen en conta a gandeiros e agricultores.

Nun comunicado, Unións Agrarias insta á Xunta a "rectificar de inmediato as condicións de acceso ás axudas do Programa Impacto Autónomo" e cualifica de "intolerables" os límites impostos pola administración autonómica.

"Que deixan fóra da convocatoria á práctica totalidade das explotacións de vacún de carne da Comunidade e vetan aos profesionais coas rendas máis baixas, que máis necesitan deste apoio".

"É así porque, de maneira ilóxica, a Xunta de Galicia exclúe da convocatoria aos traballadores con rendementos inferiores aos 10.000 euros, unha cantidade que non conseguen as explotacións galegas", engade.

Para o Sindicato Labrego Galego, as axudas "non teñen en conta a realidade das persoas autónomas que realizan actividades agrícolas e gandeiras en Galicia", entre outras cuestións polo que se opta por un procedemento de concesión por concorrencia non competitiva.

O sindicato pide á Consellería que antes do luns, día 9, data da apertura do programa, se rectifique a modalidade do procedemento, "que debería establecerse por concorrencia competititva, adecuando o tope de ingresos máximos á realidade gandeira e labrega do noso país".

Vítor Fernández é un gandeiro que aposta pola gandeiría e a agricultura ecolóxica en Chantada
Vítor Fernández é un gandeiro que aposta pola gandeiría e a agricultura ecolóxica en Chantada | Fonte: XdL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta