Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/01/2023 | Actualizada ás 19:37
Un home tivo que ser evacuado en helicóptero este venres despois de sufrir feridas nunha perna nun accidente co tractor que conducía en Manzaneda.
Segundo informa o 112 Galicia, ao home cravóuselle a punta da máquina coa que recollía rolos de herba e Protección Civil tivo que cortala cunha radial.
Ocorreu sobre as 13,30 horas nunha leira do lugar de Cimadevila. Nese momento, o 112 recibía a alerta do sinistro a través da chamada dun particular.
Seguidamente, a central de emerxencias derivou o aviso a Protección Civil, á Garda Civil e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para evacuar ao home ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.