Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 09/01/2023 | Actualizada ás 10:01
Todo o litoral galego continuará este luns en aviso laranxa por un temporal costeiro que deixará ondas de ata sete metros de altura por ventos de compoñente oeste.
A predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía apunta a un luns de ceos nubrados en Galicia con temperaturas en descenso, especialmente en puntos do interior.
Así, Galicia estarán en aviso laranxa por ondada, polo queA Coruña, Lugo e Pontevedra terán ondas de ata sete metros de altura por ventos de compoñente oeste.
A cota de neve situarase este luns en 1.400/1.600 metros, descendendo a 1.000/1.200 metros en Pireneos. Probabilidade de bancos de néboa matinais en zonas de montaña, algo máis persistentes nos sistemas Béticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.