Xulgan en Ourense a un home acusado de quedar co pago dun vehículo en cuxa compravenda intermediaba

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/01/2023 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense xulga este mércores a un home acusado de apropiación indebida por, supostamente, quedar co pago dun vehículo en cuxa venda intermediaba.

O sucedido remóntase aos meses finais do ano 2017 e principios de 2018. O acusado era o representante dunha entidade dedicada á compravenda de coches, situada no Concello da Rúa, onde recibiu o encargo de vender un vehículo que previamente fora comprado alí, un Audi S4.

O acusado vendeu o coche en xaneiro de 2018, cando xa tiña matrícula definitiva, por 32.000 euros, pero "coa intención de enriquecerse inxustificadamente", segundo o escrito fiscal, e de "prexudicar" á persoa que encargara a venda, non lle fixo entrega do diñeiro.

Por estes feitos, o Ministerio Público considera que procede impor ao home a pena de dous anos de prisión e a inhabilitación do dereito de sufraxio durante a condena. Ademais, o acusado debe indemnizar á vítima cos 32.000 euros do valor da compravenda.

Interior dun concesionario
Interior dun concesionario | Fonte: Iñaki Berasaluce

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta