O Concello de Santiago convocará 59 prazas de libre acceso para a cobertura de persoal funcionario e laboral fixo

Todos os trámites poderanse facer de maneira electrónica a través dun espazo habilitado polo Concello

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2023 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago convocará un total 59 prazas de diferentes categorías e escalas mediante o sistema de oposición libre, co obxectivo de reducir a temporalidade no seu persoal.

A concelleira de Facenda, Persoal e Contratación, Marta Abal, explicou nunha rolda de prensa, celebrada este mércores, que a semana que vén coñeceranse as bases desta convocatoria, tras publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Desta forma, indicou que, tras a publicación das bases, sairá as convocatorias no Boletín Oficial do Estado e, a partir de aí, haberá 20 días naturais para a presentación de solicitudes.

De modo máis detallado, explicou que se convocarán 31 prazas para persoal funcionario de carreira da escala de Administración xeral. Destas, dous pertencen á categoría de técnico de administración xeral, oito de técnico de xestión, 12 a administrativos, oito a auxiliares administrativos e unha de uxier.

Nesta liña, as outras 25 prazas pertencen a persoal da escala de Administración especial. Entre elas, hai dúas prazas de bombeiros de xestión operativa, un técnico de comunicación, dúas de enxeñeiros técnicos industriais e cinco de operario de servizos múltiples.

Así mesmo, hai tres prazas para persoal laboral fixos nas categorías de diplomado universitario en Enfermaría, auxiliar de clínica e técnico de mantemento. PROCESO A través da WEB

A titular de Facenda subliñou que, "por primeira vez na historia do Concello", todos os trámites para acceder á convocatoria, ata o pago das taxas, poderanse facer de maneira electrónica. Así, habilitouse un espazo a tal propósito na web do Concello na que, a través do certificado dixital, "pódese acceder de forma fácil e sinxela para ir completando todos os requisitos necesarios".

Ademais, Abal subliñou que o Rexistro da institución local contará con persoal durante o tempo que se estea aberta a convocatoria para "asesorar nesta presentación dos papeis en liña".

PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN E PROMOCIÓN INTERNA

Doutra banda, a concelleira de Facenda lembrou que, ademais destas 59 prazas de libre acceso, súmanse ás 92 prazas convocadas no BOP do 27 de decembro nun proceso extraordinario de estabilización.

Nesta liña, indicou que se convocarán "nos próximos días" 71 prazas de promoción interna. Deste xeito, Abal apuntou, que unha vez resoltas todas estas convocatorias a taxa de interinidade do Concello "situaríase por baixo do 4%".

Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago
Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta