Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/01/2023 | Actualizada ás 19:13
O persoal de bombeiros de Pontevedra agradeceu o recoñecemento recibido por diferentes institucións polo seu labor realizado a raíz do autobús sinistrado en Cerdedo-Cotobade en Noiteboa, que deixou sete falecidos e dous sobreviventes.
Nun comunicado, a xunta de persoal do Concello de Pontevedra quéixase de que os bombeiros "levan anos en conflito laboral" por falta de persoal, con "gran cantidade" de horas extras e sobrecarga de traballo.
Así, cargan contra o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a quen reprocha non ser " capaz de trasladar" estas felicitacións "aos seus propios funcionarios".
"Lembrarlle ao alcalde Lores que ten sen cumprir os requirimentos de inspección de traballo con respecto ao servizo de bombeiros, Policía local, servizos sociais, vías e obras oficinas", sostén a xunta de persoal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.