O prezo dos coches usados mantense estable en Galicia, con 11.212 euros de media en decembro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O prezo medio dos coches de ocasión en decembro en Galicia foi de 11.212 euros, o mesmo dato que no duodécimo mes de 2021, segundo cifras da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove), que recollen que a nivel estatal o custo dos vehículos usados ascende aos 12.600 euros, un 5,8% máis en termos anuais.

Por idades, os coches galegos de máis de oito anos aumentaron o seu prezo un 1,9%, ata 8.679 euros. En cando ao mes anterior, os turismos usados baixaron un 2,3% o seu prezo en Galicia de media, e os máis antigos custaron un 0,8% menos respecto de novembro.

Por provincias, Ourense foi a máis barata para comprar un vehículo de segunda man, con 10.693 euros, un 3,6% máis, mentres que na Coruña custaron de media 11.301 euros, un 1,4% menos. En Lugo tamén baixaron un 1,4% o seu prezo, ata 11.247 euros, mentres que en Pontevedra aumentaron un 1,2%, con 11.257 euros.

Coches usados.. GANVAM - Arquivo
Coches usados.. GANVAM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta