Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 16:43
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou este venres que "non ve necesario o un estudo de mobilidade previo" que pide a Xunta para a creación dun novo aparcadoiro do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).
Así, Sánchez Bugallo, que está á espera dunha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu en que se trata dun proxecto "urxente" e destacou que "non hai que xustificar o que se ve a primeira ollada".
O rexedor local explicou que o aparcadoiro "unha vez se tome a decisión, aínda hai que construílo" e que neste proceso "van pasar dous ou tres anos". Ademais, demandou o reforzo de transporte público desde a comarca.
Deste xeito, destacou en que "sería un fracaso grande pensar a hipótese de que en 2026 estea operativa a ampliación do Clínico, o centro de protonterapia e este tema estea sen resolver". Así, insistiu en que "haberá máis demanda e menos prazas".
Por outra banda, o rexedor local insistiu en que o aparcadoiro do Clínico é unha acción que hai que levar a cabo de forma "urxente", unha demanda que se verá ampliada coa creación, entre outras instalacións, do centro de protonterapia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.