O BNG pide abrir un proceso de tres meses para que concellos e sectores produtivos poidan debatir a Lei do litoral

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou no Parlamento galego unha proposición non de lei, polo trámite de urxencia, na que pide establecer, como mínimo, un período de tres meses para que os concellos e diversos organismos, sectores produtivos, sociais, académicos, empresariais, ecoloxistas e sindicais poidan participar no anteproxecto de lei de ordenación do litoral e intervir no seu contido.

O deputado Luís Bará, que será o encargado de defender a iniciativa, lembra que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 19 de decembro o anuncio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polo que se somete a información pública o anteproxecto de lei, cun prazo que termina o 23 de xaneiro.

Respecto diso, o deputado nacionalista lembra que gran parte do período de información pública coincidiu coas datas do Nadal, circunstancia que dificultou a participación dos sectores e colectivos afectados.

O anteproxecto de lei é unha norma de "especial transcendencia e complexidade", na que se inclúen aspectos económicos, produtivos, sociais, de identidade, patrimoniais, paisaxísticos, ambientais, urbanísticos e de ordenación do territorio, subliña Bará, quen lembra que afectan a un gran número de sectores (cadea mar-industria, pesca, marisqueo, acuicultura, turismo, ambiente, ecoloxismo, patrimonio cultural, investigación, universidade, arquitectura ou urbanismo).

Por iso, resulta "imprescindible" suscitar un proceso de "participación e debate social" sobre os obxectivos, as competencias, os instrumentos e as estratexias previstas nesta norma. Por iso, pide abrir un proceso de tres meses, como mínimo, para promover a intervención dos concellos, a través da Fegamp, organismos do ámbito académico e universitarios relacionados co mar e a costa e outras institucións como o Consello da Cultura ou organizacións ecoloxistas, entre outras.

Praia
Praia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta