Piden prisión permanente revisable para o home que presuntamente asasinou ao seu sobriño de tres anos

Fiscalía e defensa pediron que o xuízo se celebre a porta pechada, unha decisión que se tomará tras a elección do xurado, o martes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acollerá desde este martes o xuízo pola morte dun neno de 3 anos en Santiago de Compostela presuntamente asasinado polo seu tío, para quen piden prisión permanente revisable.

O caso remóntase ao 21 de setembro de 2020, cando, segundo argumentan tanto a Fiscalía como a acusación popular, exercida pola Fundación Amigos de Galicia, o home acabou coa vida do neno asfixiándoo tras pecharse nun baño da vivenda na que estaban.

Para estas dúas partes personadas, os feitos son constutivos dun delito de asasinato, polo que piden para o home a pena de prisión permanente revisable. Así mesmo, Fiscalía reclama unha indemnización de 150.000 euros para cada un dos pais do menor e de 50.000 euros para cada unha das súas irmás, das que pide establecer unha orde de afastamento por 25 anos

A defensa, pola súa banda, pide a libre absolución, alegando que o ocorrido foi froito dun brote psicótico no que o acusado non era consciente das súas accións.

CRIME E INGRESO

Tal e como recolle o escrito de acusacion fiscal, o acusado estaba xogando co seu sobriño nunha vivenda en Santiago en setembro de 2021 cando o acompañou ata o baño. Alí, tras pechar con chave a porta principal de acceso a esa planta e a do baño, e "con ánimo de acabar coa vida" do neno, colocouse sobre el e asfixiouno tapándolle o nariz e a boca.

Tras o crime, o home, que presentaba afeccións psiquiátricas previas, permaneceu durante un mes ingresado na unidade de Psiquatría. Con todo, cando foi dado de alta, a xuíza determinou que era imputable, polo que ditou o seu ingreso en prisión.

A defensa do home, con todo, alega que non era consciente dos feitos cando se produciron. A súa familia, que tamén o é da vítima, non se persoou na causa como acusación, que deixou en mans de Fiscalía.

Si se ha personado a Fundación Amigos de Galicia, que exerce o papel de acusación popular e que basea a argumentación do seu escrito en que os médicos psiquiatras que atenderon ao home tras o crime descartaron "evidencia psicótica", así como que o informe de imputabilidade do Imelga apunta a "un episodio depresivo de características leves".

Por iso, estima esta parte, "pódese concluír que a súa capacidade volitiva podería estar afectada de maneira leve no momento dos feitos, considerándose un nexo de causalidade en termos de parcialidad e hipóteses, nunca en termos de totalidade nin certeza".

A PARTIR DO MARTES

As sesións deste xuízo están fixadas na Audiencia en Santiago a partir do martes. Para esa primeira xornada, no entanto, só está prevista a selección do xurado popular que se encargará de emitir un veredicto e en tratamento das cuestións previas.

Entre as cuestións previas a analizar está a petición de defensa e Fiscalía --á que se opón a acusación particular-- de que o xuízo se celebre a porta pechada para protexer a intimidade da familia e por respecto á dor que lle xera este proceso.

Como establece a lei de xurado, a presidenta tomará esta decisión tras ouvir aos membros do tribunal, polo que non será ata a sesión do martes cando se decida.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta