Pleno infantil en Verín coa igualdade como protagonista

Foi unha iniciativa do concello co obxectivo de achegar asuntos da vida pública ao alumnado de Primaria e de ESO. Participaron máis de 120 alumnos e alumnas e a igualdade foi un dos eixos temáticos.

Por Galicia Confidencial | Verín | 21/01/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Máis de 120 alumnos e alumnas de sexto de primaria e de primeiro de ESO pertencentes aos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron este venres 20 de xaneiro no Pleno Infantil, convocado no Concello de Verín para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.

Pleno infantil. Foto: Prensa Concello de Verín.
Pleno infantil. Foto: Prensa Concello de Verín.

Diego Lourenzo, tenente de alcalde do concello, explicou que esta sesión plenaria foi concibida en colaboración cos centros educativos da vila e coa finalidade de fomentar a concienciación da mocidade verinesa sobre temas de interese que afectan á vida pública. 

POÑENDO O FOCO NA IGUALDADE

A igualdade foi o eixo temático sobre o que versou a sesión plenaria, que foi presidida polo tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo e que contou coa presenza da concelleira de Cultura, Educación e Festexos, Emilia Somoza, e de Rosario Rodríguez, responsable da área de Recursos Humanos e Réxime Interior.

A importancia da concienciación da igualdade de xénero a través da educación, a declaración universal de dereitos humanos, a cooresponsabilidade e os diferentes erros de xénero presentes na sociedade ou a importancia de desmontar os roles e estereotipos foron algúns dos temas tratados nesta xornada educativa.

Segundo Lourenzo, "consideramos que é de vital importancia educar ao alumnado desde as idades máis temperás para conseguir eliminar os diferentes estereotipos sociais de xénero e fomentar entre eles valores de igualdade e respecto".

Aitor Chamín Oliveira, do centro educativo Amaro Refojo, foi elixido como alcalde infantil de Verín e ao remate da sesión o alumnado tivo a oportunidade de formularon preguntas e propostas sobre esta temáticas e os proxectos que se están a levar a cabo en Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta