A Xunta elude incorporar a "igualdade efectiva entre homes e mulleres" na convocatoria de concertos educativos

A CIG denuncia que evita citar a normativa relativa á non segregación de alumnado por xénero para seguir aumentando os cartos á educación privada e concertada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/01/2023 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino alerta da posíbel intención da Consellaría de Cultura e Educación de renovar os concertos "aos centros ultra ortodoxos do Opus Dei" tras eludir citar a nortamtiva relativa á non segregación de alumnado por xénero na convocatoria de concertos educativos. Por iso, demandará calquera vulneración da legalidade vixente. 

Alumnos dun centro privado de Madrid
Alumnos dun centro privado de Madrid | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Así, denuncia que o artigo 6 da orde agora publicada no DOG, que recolle os criterios para a subscrición ou renovación do concerto educativo, elúdese a referencia ao fomento da "igualdade efectiva entre homes e mulleres" nos centros educativos e limítase a indicar que "para a renovación dos concertos terase en conta que se sigan cumprindo os requisitos que determinaron a súa aprobación".  "Con esta redacción a Xunta dirixida polo PP podería pretender que centros que mantiveron o seu concerto grazas á blindaxe que lles garantiu a LOMCE puidesen seguir agora recibindo fondos públicos malia a nova redacción da LOMLOE", indica.

A CIG-Ensino considera como totalmente intencionada a omisión desta referencia e alerta sobre a posibilidade de que a administración educativa busque condicionar o resultado da concesión dos concertos e advirte aos cargos públicos directamente relacionados coa toma de decisións sobre a renovación ou denegación dos concertos das posíbeis consecuencias xudiciais no caso de tomaren decisións sabendo da súa ilegalidade.  

O sindicato, como fixo con anterioridade, anuncia que recorrerá perante os tribunais de xustiza a concesión de concertos aos centros que segregan o seu alumnado por xénero. No caso de Galiza son cinco os centros que se "salvaron" da execución da sentenza gañada pola CIG-Ensino perante o Tribunal Supremo tras a publicación poucos meses despois da LOMCE, todos eles vinculados ao Opus Dei: Peñarredonda, Montespino na Coruña, Acacias e Montecastelo  en Vigo e Aloya tamén en Vigo (esta última centrada na FP e cos seus ciclos formativos de grao superior concertados). 

As partidas para os concertos educativos en comparación cos últimos anos 

CONCERTOS EDUCATIVOS

ANUAL ORDE 2017

ANUAL ORZAMENTOS 2022

ANUAL ORDE 2023

EDUCACIÓN INFANTIL

€‎  38,5

€‎          43,8

€‎  45,1

EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

€‎  191,0

€‎          218,8

€‎  226,5

EDUCACIÓN ESPECIAL

€‎  12,0

€‎          16,9

€‎  18,4

FORMACIÓN PROFESIONAL

€‎  16,9

€‎          24,1

€‎  27,2

TOTAL

€‎                      258,4

€‎                      303,6

€‎                      317,2

DATOS EN MILLÓNS DE EUROS

DATOS EN MILLÓNS DE EUROS

As partidas destinadas ao mantemento da rede de centros concertados soben unha media do 4,5% ao respecto do exercicio do ano 2022, 360 millóns ata 2029, logo de que as contías subiran nada menos que un 17,5% ao longo dos seis anos anteriores (2017-2022), período de duración dos concertos que se renovan coa orde agora publicada. 

Os incrementos teñen unha especial incidencia na FP e na Educación Especial. "Así como neste último caso a carencia da oferta da rede pública, na que non se apostou por aumentala desde hai décadas, está detrás do necesario recurso ao financiamento da oferta privada para manter unha atención á diversidade que non se garante con medios propios da Xunta", critica. Neste sentido, cobra especial relevancia, indica, a negativa da Xunta a permitir unha maior oferta de ciclos medios e superiores de FP nos mesmos ámbitos nos que a empresa privada pode ampliala como desexe, fomentando unha privatización (con ou sen concerto) dunha etapa educativa cunha crecente demanda social e laboral. 

Ademais, critica que outra das mostras da defensa pechada que fai o PP galego da LOMCE e da extensión de vantaxes para o réxime de concertos educativos está no mantemento da duración mínima destes fondos para a ESO. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta