Detido o autor do atraco a punta de pistola unha gasolineira en Vilagarcía de Arousa

Foi posto a disposición da autoridade xudicial, quen decretou o seu ingreso no centro penal da Lama.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

A Policía Nacional informou da detención o pasado 19 de xaneiro do autor dun roubo con violencia e intimidación nunha gasolineira de Vilagarcía de Arousa o 20 de decembro.

Ás 18,05 horas dese día, o atracador accedeu á gasolineira e demandou o diñeiro a un dos traballadores que se atopaba nese momento na caixa, utilizando unha arma detonadora manipulada.

Tras coller o diñeiro da caixa, esixiu máis e tamén se apropiou das moedas que había noutra caixa, para o cambio, subtraendo un total de 1.100 euros. O home fuxiu a pé nun primeiro momento, cruzando a beiravía cara ao outro lado e despois subiuse a un vehículo estacionado na zona. Unha vez localizado e detido en Vilanova, os axentes realizaron unha entrada e un rexistro no domicilio do investigado.

Na entrada que levou a cabo os axentes atoparon unha arma de fogo detonadora que fora modificada e habilitada para disparar, unha pistola de metal con cargador de bólas de plástico, un fusil de asalto e un maletín con carga de bólas de rifle, así como as pezas que o presunto autor levaba postas o día do atraco á gasolineira. O detido foi posto a disposición da autoridade xudicial, quen decretou o seu ingreso no centro penal da Lama.

Armas localizadas no rexistro do domicilio do home detido polo atraco de Vilagarcía.. POLICÍA NACIONAL
Armas localizadas no rexistro do domicilio do home detido polo atraco de Vilagarcía.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta