A caída do prezo da enerxía suaviza a inflación industrial ao 12,9% en decembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Os prezos industriais galegos moderaron o seu crecemento interanual o pasado mes de decembro ata o 12,9% polos menores custos enerxéticos e baixaron un 1,7% en relación ao mes anterior, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Así, a inflación industrial galega foi case dous puntos menos que a media estatal, que se situou no 14,7%.

En concreto, os bens de consumo incrementaron o seu prezo un 14,4% a peche de 2022, mentres que os bens de equipo fixeron o propio un 3,2% e os bens intermedios, un 14,7%. Ademais, a enerxía encareceuse un 13,7% entre decembro de 2021 e de 2022. Con todo, entre novembro e decembro a enerxía caeu un 5,3%, permitindo aos prezos industriais suavizar o peche do exercicio.

DATOS ESPAÑOIS

A nivel estatal, os prezos industriais moderaron a súa subida interanual o pasado mes de decembro ata o 14,7% e baixaron un 1,7% en relación ao mes anterior, sempre segundo o INE.

Fábrica. A Inflación é alta na producción industrial
Fábrica. A Inflación é alta na producción industrial | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta