Rueda anuncia que programa de detección de cancro de mama chegará a 200.000 mulleres máis

Tamén se ampliarán os rangos de idade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O programa galego de saúde pública orientado á detección de cancro de mama estenderase a 200.000 mulleres máis, "un 50 por cento máis" do número actual. O anuncio foi efectuado este mércores polo presidente galego, Alfonso Rueda, na súa intervención na sesión de control do pleno do Parlamento de Galicia para responder ao portavoz socialista, Luís Álvarez.

"Se Galicia se caracteriza por algo é por coidar a prevención da saúde", sinalou Rueda antes de avanzar que o programa "pioneiro" no Estado de prevención do cancro de mama. Así, o número de mulleres ao que chegará este programa de detección precoz de tumores mamarios amplíase "ao 50 por cento" para chegar a 200.000 mulleres máis.

Así mesmo, esténdense os rangos de idade para participar nesta inicitiva tanto no seu tramo superior, ao pasar de 64 a 69 anos, como inferior, de 50 a 45. O anuncio efectuado polo máximo responsable da Xunta prodúcese un día despois da comparecencia na que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ampliará este mesmo ano a carteira de cribados oncolóxicos para incluír tamén probas de detección do cancro de pulmón e de próstata.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta