Morre un veciño de Castro Caldelas despois de caer unha porta sobre el

Ata o lugar acudiron os membros do GES de Castro Caldelas e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Un veciño de Castro Caldelas faleceu este mércores ao caerlle unha porta encima. Segundo informa o 112, a pesar de que se mobilizaron os efectivos do grupo de emerxencias supramunicipal (GES), non se requiriu finalmente a súa intervención porque os veciños conseguiran retirar a porta cunha carretilla.

Foi un particular quen chamou ao 112 para pedir axuda sobre as 15,30 horas situando os feitos nun domicilio situado na Estrada de Ponferrada --fontes do GES precisaron a Europa Press que se trata dun almacén--.

Ata o lugar acudiron os membros do GES de Castro Caldelas e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Tamén se desprazou unha patrulla da Garda Civil co fin de recoller toda a información relacionada co accidente.

Pola súa banda, o equipo de rescate de Castro Caldelas confirmou que o acceso dos sanitarios foi posible porque os veciños conseguiran retirar a porta o suficiente para facilitar a asistencia.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta