ADEGA acusa á Xunta de vender o litoral galego a prezo barato para as empresas

A asociación ecoloxista denuncia o proxecto de lei do litoral como vía de confrontación electoralista co Goberno central.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/01/2023 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou que o anteproxecto de Lei do Litoral presentado recentemente pola Xunta, "responde máis a unha estratexia de confrontación do PP co goberno do Estado que á vontade de xestionar racionalmente e conservar este estatéxico espazo".

Praia de Silgar, en Sanxenxo
Praia de Silgar, en Sanxenxo | Fonte: Minube

Segundo ADEGA, cando a Xunta tentou "ordenar" o litoral, con normas como (Plano do Litoral, 2010, Plano Director de Acuicultura, 2013, Lei de Acuicultura, 2016), "a premisa aparente era tamén a sustentabilidade". Porén a "intención última destas normas escasamente ocultada foi a desregulamentación, a discrecionalidade, a desmontaxe das cautelas ambientais e o favorecemento dos intrereses industriais".

Por isto, considera que o anteproxecto de lei do litoral é un engado "de suposto ordenamento e resiliencia ambiental". Tamén detrás deste anteproxect "trasloce a intención pouco disimulada de "abrir o melón" do litoral á especulación". Á parte, para ADEGA tamén existe a intención de "socavar as medidas da Lei de Cambio Climático e de paso rifar co Estado por unhas suculentas competencias en periodo eleitoral".

A xestión do litoral por parte da Xunta e o desenvolvemento das competencias autonómicas sobre este espazo desenvolvidas por este Anteproxecto de Lei podería colidir coas competencias Estatais fixadas pola vixente normativa básica, tanto a Lei de Costas como a Lei de Cambio Climático. Por outra parte, ADEGA engade que as "présas por lexislar sobre a costa e confrontar ao goberno estatal, ao que a Xunta demorou décadas sen reclamarlle as competencias, xeran ademais unha preocupante inseguridade xurídica para as administradas".

O grupo ecoloxista resalta que a recuperación dos ecosistemas litorais e a garantía do seu estado de conservación deberían ser obxectivos prioritarios desta norma. Por iso denuncian que varias actividades que actualmente se desenvolven neste sensíbel espazo son manifestamente incompatíbeis coa conservación dos seus valores naturais e poñen en risco o estado dos seus recursos.

Os usos e actividades deberían estar supeditado á consecución dunha serie de obxectivos de calidade ambiental. Isto non acontece neste anteproxecto, no que por exemplo a Xunta reserva prebendas exclusivas sobre o dominio público e a servidume de protección á denominada "cadea mar-industria".

No Anteproxecto cítanse explícitamente como “actuacións estratéxicas a desenvolver a criazón dunha rede de sendas litorais e doutra de establecementos turísticos". Ditas “actuacións estratéxicas poderían colidir coa necesaria conservación e recuperación dos valores naturais do litoral".

Ambas as dúas propostas suporán para ADEGA, un aumento da artificialización e da presión humana sobre a franxa costeira. O establecemento dunha rede de establecementos turísticos, mesmo através da rehabilitación de instalacións e inmobles xa esistentes, "vai supoñer un aumento da carga antrópica, incompatíbel coas áreas de maior valor, quer a de “protección ambiental” delimitadas no Plano do Litoral".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta