Jácome promete transporte público gratis para "o 100% da poboación" en Ourense se revalida como alcalde

Segundo o dirixente de Democracia Ourensana o transporte público custaría 1,6 millóns de euros porque a "viabilidade económica é absoluta".

Por E.P. | OURENSE | 31/01/2023 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, garantiu que, se revalida e segue na Alcaldía tras os comicios de maio, será "o primeiro" rexedor dunha cidade española con transporte público "totalmente gratuíto para o 100% da poboación".

A medida, que avanza o dirixente de Democracia Ourensana (D.Ou.) nun comunicado, implantaríase o 1 de xaneiro de 2024.

"Este servizo de gratuidade unirase ás novas liñas de bus para Ourense cidade, e aos 40 novos buses que se estrearán na primavera de 2023", indica.

Segundo Jácome, as vantaxes das novas liñas e a súa gratuidade poderían "duplicar o incremento do uso do bus na cidade", de forma que se podería pasar dos 6,5 millóns de viaxes ao ano (validacións) aos 15 millóns --41.000 viaxes ao día de media--.

O dirixente de Democracia Ourensana defende que "a viabilidade económica é absoluta": alega que o custo do transporte de bus ao ano rolda os 7 millóns de euros/ano, e recada 1,6 millóns. "É dicir, só custaría 1,6 millóns facer o bus gratuíto a toda a poboación", recalca.

Finalmente, indicou que actualmente o 60% dos usuarios do bus xa non pagan por este servizo xa que o Concello "dispón dun gran abano de gratuidade segundo condicións".

Jácome presenta autobuses eléctricos.. CONCELLO DE OURENSE
Jácome presenta autobuses eléctricos.. CONCELLO DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Gamela

Se o consigue Jácome debera ser elevado aos altares da transición ecolóxica (os buses por riba son eléctricos 100%) Para que logo chamen populista ao que dá de comer á xente común ! Ou en Ourense todos conducen Audis ? Tamén pode ser...

1 Ferroviario

Gamela deixase convencer, moi doadamente, por os cantos de serea de antes das eleccións...

2 Gamela

Convencer vai ser difícil... pero cando os sabios de Ourense levan 4 anos e non foron quen de botar ao Jácome da Alcaldía (PSOE ~ PP ~ BNG ~ C´s ~ e mesmo D.O.) manda carallo...! E se Ourense se libra das Torres do Miño... todo é ganancia para a xente... Quen sabe ás veces os milagres tamén existen...! ;-)

3 Ferroviario

Pois non parece que DO sexa nengunha garantía de que non se constrúan as torres esas. E non se trata de " non ser quén", senón de poñerse dacordo en que sería o Alcalde. E unha diferencia doada de entender. Milagre é que un partido minoritario cun Alcalde cun nivel que..., non sexamos crueis, goberne na teceira cidade de Galicia.dwa6