Varios feridos, un deles trasladado ao hospital, logo dun incencio nun ático no centro de Ourense

O incendio afecta o piso superior dun edificio de sete plantas situado no número 52 da Avenida da Habana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Varias persoas resultaron feridas, entre elas polo menos unha necesitou traslado ao hospital, por un incendio rexistrado nun ático do centro de Ourense.

Segundo confirman a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias, as chamas iniciáronse ao redor das 11,50 horas da mañá e os bombeiros aínda traballan no punto.

O incendio afecta o piso superior dun edificio de sete plantas situado no número 52 da Avenida da Habana. Pouco antes de mediodía, varios particulares chamaban ao 112 para alertar de que saía fume dun tellado.

Seguidamente, mobilizáronse os bombeiros de Ourense, a Policía Local, Protección Civil e o 061-Urxencias Sanitarias como medida preventiva, por se houbese persoas afectadas.

Fontes do servizo sanitario de urxencias confirman que varias persoas necesitaron atención médica 'in situ', pero que só unha, unha muller de 71 anos, foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta