O BNG insta o Goberno a actuar "de maneira inmediata e urxente" na N-120 entre Ourense e Valdeorras

Indicou que o temporal de finais de 2002 "agravou a situación e aumentaron os problemas na seguridade viaria"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao Goberno central a actuar "de maneira inmediata e urxente" no tramo da N-120 entre Ourense e a comarca de Valdeorras "para mellorar o estado do firme e garantir a seguridade viaria".

Segundo trasladou o BNG nun comunicado, o Executivo de Sánchez "continúa sen comprometer investimentos nin acometer actuacións reais" neste tramo, que conecta Ourense coa comarca de Valdeorras, e que representa "a principal arteria de comunicación para miles de persoas".

Nesta liña, Rego apuntou que os sucesivos gobernos do Estado "abandonaron esta infraestrutura durante anos en que os que se foron incrementando o número de puntos negros e o número de fochancas".

Deste xeito, indicou que o temporal de finais de 2002 "agravou a situación e aumentaron os problemas na seguridade viaria", pero que un mes despois "o Mitma continúa sen actuar". Así mesmo, lembrou durante a tramitación do tres últimos proxectos de Orzamentos do Estado -- 2021, 2022 e 2023 -- nas que se reclamaba unha dotación económica específica para unha actuación integral na N-120.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta