Arco Iris asegura que Boimorto "é o único punto negro de Galicia por nitratos" e insta a extremar os controis

Por E.P. | A CORUÑA | 03/02/2023 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris instou ao Concello de Boimorto a extremar os controis da auga potable por presenza de nitratos. Nun comunicado, asegura que Boimorto é "o único punto negro de Galicia por nitratos" e engade que "a fonte principal desta situación é a elevada cabana gandeira e o uso excesivo de abonos nitrogenados nos terreos agrícolas".

"A redución dos nitratos a nitritos pode ocasionar metahemoglobinemia, principalmente nos lactantes menores de seis meses", advirte tamén. Por outra banda, indica que "os nitritos reaccionan con aminas formando nitrosaminas, das cales se sabe, por estudos en animais e algúns estudos epidemiolóxicos en humanos, que teñen unha actividade carcinógena".

Casa do Concello de Boimorto
Casa do Concello de Boimorto | Fonte: galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta