Satse anima a 200 enfermeiras residentes do Sergas a reclamar a súa equiparación salarial co persoal estatutario

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O sindicato de Enfermaría Satse anima ás enfemeras internas residentes (EIR) que hai no Servizo Galego de Saúde (Sergas) a reclamar, mesmo pola vía xudicial, a súa equiparación salarial co persoal estatutario.

A organización estima que polo menos 200 profesionais poderían reivindicalo en Galicia, sen ter en conta que as que xa acabaron a súa formación sanitaria especializada "poden reclamar retroactividad".

E é que Satse, tal e como explica nun comunicado, gañou varias demandas contra o Sergas para que as EIR teciban o concepto de salario base da mesma forma que as estatutarias "porque así se recolle nas bases que regulan as condicións laborais" deste persoal.

A pesar da negativa inicial do Sergas, senllas sentenzas dan a razón ao sindicato e ás traballadoras que representan, que acaban así con "unha discriminación inxustificada".

Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago
Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago | Fonte: SATSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta