O accidente dun camión en Muíños fai que a Garda Civil descubra que excedera o tempo de condución en xaneiro

O condutor deu resultado negativo na proba de alcoholemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

Un camión de repartición de supermercado sufriu este venres un accidente de circulación, ao saírse da vía e chocar contra unha árbore. Facía o percorrido entre Calvos de Randín e Xinzo e nese momento estaba baleiro.

O condutor, segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Ourense, resultou ileso do sinistro, ocorrido ás 10,30 horas, na OU-302, á altura do quilómetro 11.

Os axentes inspeccionaron o tacógrafo e observaron unha infracción o día 19 de xaneiro de 2023, por exceso de tempo de condución. O condutor deu resultado negativo na proba de alcoholemia.

Ao lugar do sinistro, ademais da patrulla de Seguridade Cidadá e o GES de Muíños.

Un camión sofre un accidente en Muíños (Ourense) e descobren que excedera o tempo de condución en xaneiro. GARDA CIVIL DE OURENSE
Un camión sofre un accidente en Muíños (Ourense) e descobren que excedera o tempo de condución en xaneiro. GARDA CIVIL DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta