Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/03/2008 | Actualizada ás 11:23
En Galicia non queren abrir este debate polo momento. Rajoy é galego, ten moita amistade con xente do Partido Popular de Galicia, incluidos o seu presidente e secretario xeral. Por iso, a dirección dos populares galegos defende a súa continuidade pero aconsellan que se abra a novos sectores, especialmente, os que representan os sentimentos centristas e autonomistas.
O principal problema ao que se enfrenta Rajoy agora son os medios de comunicación que tanto alentou como líder da oposición. El Mundo, por exemplo, pide hoxe no seu editorial unha renovación en toda regra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.