Que pasa con Rajoy?

O líder do PP está nunha situación complicada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/03/2008 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

En Galicia non queren abrir este debate polo momento. Rajoy é galego, ten moita amistade con xente do Partido Popular de Galicia, incluidos o seu presidente e secretario xeral. Por iso, a dirección dos populares galegos defende a súa continuidade pero aconsellan que se abra a novos sectores, especialmente, os que representan os sentimentos centristas e autonomistas.

O principal problema ao que se enfrenta Rajoy agora son os medios de comunicación que tanto alentou como líder da oposición.  El Mundo, por exemplo, pide hoxe no seu editorial unha renovación en toda regra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

22 galiza ceive!

As cousas non van ir ben no futuro, pero en todo o mundo. Onte mesmo a reserva federal comezou a aceptar como garantias as hipotecas subprime, respaldando asi o dolar con deuda de xente que presentou 2 nominas e ten risco serio de non poder pagar a deuda (pensade ben a burrada na que estamos entrando). O sistema financiero mundial esta contaminado pola deuda basura, e por suposto que o estado vaino pasar mal. Pero non sabemos que ia facer pizarro para melloralo, non escoitamos nada. Baixar as hipotecas? nun mercado libre, as hipotecas cotizan, e baixalas non esta nas mans do estado.

E non podemos falar de inmigrantes e do efecto chamada, e o mesmo tempo falar de que vai haber paro. Simplemente non son compatibles. Ou hai paro, e temos que marchar, ou hai traballo, e venhen os inmigrantes.

21 johnny guitar

Coño Óscar, cortate un pouquiño, que algúns somos da "merda do PP", como ti dis (amosando un grande talante democrático, con amigos así a esquerda non precisa de inimigos).
Eu non estou de acordo con moitas cousas do PP (a guerra ou o 11-M, por exemplo), pero considero que responde mellor ás miñas preocupacións. É unha opción libre nun país libre (de momento, porque oíndote parece que nos quixeras pasar a todos por coitelo ou meternos no caldeiro).
Non te das conta de que coa túa intolerancia e falla de respecto non se vai a ningures? Realmente cres que descualificando e insultando como o máis triste rancoroso é como se vai pola vida? Sinceiramente, tes algún razonamento que si o facemos os desta beira nos chamarías "fascista" e quedarías tan ancho.

Mira, dicir que os 10 millóns de votantes do PP somos catetos é tal barbaridade como dicir que os do PSOE sodes ladróns e asasinos terroristas de Estado.
Dicir que hai que facer traballar o cerebro e logo elucubrar sobre unha nova vida do neonazismo (e mesmo buscarlle socios a España) é tal barbaridade como dicir que co PSOE nos van quitar as terras e voltaremos ao comunismo máis recalcitrante, que mataredes aos curas, encarcelaredes aos empresarios e repartiredes os seus cartos entre os máis pobres, mentres que calquera que pense distinto será desterrado a gulags.
Dicir que todos os do PP temos o cerebro comido por Jiménez Losantos é como asegurar que todos os socialistas o tedes comido por Gabilondo ou Francino (que non podes negar que teñen tamén o seu sectarismo). Dirás que prefires que cho laven estes dous, pero eu, pola miña parte, prefiro ser libre de escoitar a quen me pete, facerlle caso se quero e formarme as miñas propias ideas cos meus propios criterios. Iso é usar o cerebro, pero claro, olvidaba que os do PP somos catetos e non temos deso. Pensamos co cú e cando queremos falar, botamos peidos. Merecemos ser como ovellas. Como esa caste inferior que en 1984 traballaba nas zanxas, obedientes e mudiños ante as elites do PSOE, que guiarán a nave a bo porto. Sooomaaaa.
Sei que che costa recoñecelo, pero no PP houbo e hai políticos de categoría, como Rato, Gallardón, Piqué...
Sei que non estás de acordo, pero a min tampouco se me enchería demasiado a boca cando me lembro de Largos Caballeros, Roldanes, Barrionuevos, Veras, Pepiños Blancos, Abeles Caballeros, Orozcos, Magdalenas Alvarez, Almunias, Rubalcabas,...

E moi fácil pensar que se ten a razón e ampararse niso para insultar ao que non pensa coma ti.

Eu sei que o PP ten erros (posiblemente moitos) e equivocacións (tantas ou máis), e non creo que o PSOE sexa unha caterva de paletos rancorosos. Esa é unha boa diferencia entre ti e máis eu. Eu non comparto o que pensan os do PSOE, pero respecto as súas ideas, e menos os insulto, porque sería insultar a moitos dos meus mellores amigos, persoas que saben que por riba das diferencias ideolóxicas están sempre outros valores como a solidaridade, a amizade, o respecto, a independencia... Non penso que sexan parvos, nin sequera que sexan feos con rabo e cornos. Ti, en cambio, non só cres que eres o máis listo, cres ademais que os demais non están a túa altura, que están equivocados e que non merecen nin sequera respirar o mesmo aire ca ti.

Vouche dicir unha última cousa: non me gusta o PSOE, creo que as cousas non van ir moi ben no futuro, e que se toma a chirigota algúns asuntos de primeira importancia, pero ao mesmo tempo sei recoñecer o seu labor en eidos como as políticas sociais: vodas homosexuais, divorcio express, axudas ao desenvolvemento...
Deberías aprender a escoitar un pouco e respectar o que di o outro. Como dixo o filósofo, "no estoy de acuerdo con tus ideas, pero moriría por defender tu derecho a expresarlas".

20 Oscar

Anónimo, todo é mellorable; pero se todas as federacións rexionais do PSOE se xestionasen só de ben coma o PSdeG, tanto no partido coma no goberno; outro galo cantaría neste país.

19 galiza ceive!

de pasear petroleiros abertos en canal pola costa... xa nin o comparo

18 galiza ceive!

prefiro un goberno que esta sacando a galiza do furgon de cola en desemprego e desenvolvemento (para ti, un grandisimo erro), que un goberno que volveu a traer as fantasmas da emigracion a nosa xuventude (todo un exito dos populares)

E prefiro un bng que loita contra o lume, e acada o apoio do rural, a un baltar que deixa os camions anti incendios na casa (espero que agora se arrepinta)