Que pasa con Rajoy?

O líder do PP está nunha situación complicada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/03/2008 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

En Galicia non queren abrir este debate polo momento. Rajoy é galego, ten moita amistade con xente do Partido Popular de Galicia, incluidos o seu presidente e secretario xeral. Por iso, a dirección dos populares galegos defende a súa continuidade pero aconsellan que se abra a novos sectores, especialmente, os que representan os sentimentos centristas e autonomistas.

O principal problema ao que se enfrenta Rajoy agora son os medios de comunicación que tanto alentou como líder da oposición.  El Mundo, por exemplo, pide hoxe no seu editorial unha renovación en toda regra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

12 anónimo

Estás loco, Oscar, mucha cháchara, mucha pedantería y mucha exhibición vacía de conocimientos, para al final comparar al PP con los nazis. Te guste o no, son casi la mitad de los votantes, y comparar a los líderes de un partido democrático con los líderes nazis (como también hace otro compañero por ahí arriba) es como comparar a Zapatero con Stalin y sus 20 millones de muertos.
Y no me vengas diciendo que a Hitler también lo eligieron democráticamente. Esa es una de las grandes falacias de la historia: para lograr su victoria, se laminó primero a todo opositor y organización molesta.
El rencor os ciega y luego llamáis envidiosos a los del PP. Desde luego, no sé en qué mundo vivís. Yo ya estoy harto de salvapatrias que piensan que su mier.da huele mejor que la de los demás y que piensan que siempre es el otro el que se equivoca, el que miente, el que crispa, el intolerante, el que odia y el que hundirá al país.
Demagogia, odio y revanchismo, es lo único que veo en algunos comentarios.

Un poco de autocrítica y de criterio, por favor, que ya estamos suficientemente adoctrinados como para no tener nuestras propias opiniones, que van por toda la escala de grises, y no sólo del negro al blanco.

11 Oscar

E finalmente, aquí en Galiza, o PSdeG non só pode, senón que debe, contraatacar ao PP polos seus excesos en canto a política lingüística. Tendo en conta que o 90% falamos galego, pódeselle sacar moito ao PP, especialmente nos seus bastións rurais agora que o caciquismo anda de capa caída. E saber vender ben os datos económicos da Xunta, que a xente tén a impresión de que o paro é culpa do goberno central cando os datos xerais suben por Madrid e Valencia. E moita xente non sabe que Galiza é, agora mesmo, a autonomía que máis medra de todas, a xente tén sensación de crise cando nunca estivemos tan ben e con tantas posibilidades. E a cousa é que non soen ter esa sensación por eles mesmos, senón só polo que di na caixa tonta.

10 Oscar

E máis en xeral, o PSOE debe tomarse máis en serio a defensa fronte aos ataques da dereita e tamén atacar mellor á dereita. I en xeral, neste segundo mandato, terá que estudar en serio os problemas reais do país; alí onde o fixo, tivo moi bos resultados. Para mostra: En Euskadi, é o partido máis serio e realista na loita contra ETA xunto có PNV, pero a este supérao poruqe o PNV non quere solucionar as confrontacións sociais, senón que as agrava có seu referendo de Novembro. Resultado: 11 puntos máis.
En Catalunya: o PSC cagouna un pouco có estatuto, pero soubo substituír a un presidente ao que lle faltaba seriedade, saber estar, que daba bastante imaxe de pallaso; por alguén serio, e ademáis demostrou ser o único que realmente se preocupa polas infraestructuras. Resultado: maioría absoluta.
En Canariassoubo denunciar moi acertadamente a corrupción do PP e de CC, e propoñer unha forma alternativa de gobernar. Resultado: victoria en votos por bastante marxe cando antes os socialistas eran os terceiror.
Erros, dende logo, garrafais:
En Madrid, Valencia, Murcia, déixase que a dereita leve todo o protagonismo, son lugares que non se tomaron moi en serio no PSOE cando suman 78 deputados. Debe tomarse máis en serio o de esplicar que España non se rompe por un estatuto, debe facer, coma xa dicía, unha política de inmigración e seguridade de esquerdas, debe denunciar moito máis ante a sociedade as miserias do PP, coma fai continuamente Esperanza Aguirre cada vez que abre a boca, debe recuperar a imaxe da dereita coma a dos empresarios, para Valencia e Murcia debe denunciar a hiprocresía do PP que agora quita o trasvase do Ebro e desvía a atención coa inmigración.
I en Andalucía, non debe fiarse, unha subida do PP coma a que houbo é un sinal de que o bastión tamén pode fallar. Hai que reaccionar antes ca perder. Hai moitas cousas que dende logo, chirrían en Andalucía. Debe abandoar tanta hipersubvención e centrarse en crear máis emprego real e que figure nos datos do INEM, debe combater a economía sumerxida, e sobre todo en Andalucía, debe tomarse máis en serio o tema da seguridade, que aí non tén nada que ver có tema da inmigración. E mellorar o tema da inmigración, para que non diga o informe PISA que os nenos andaluces son os peor preparados de Europa ao saír da escola. Andalucía non pode seguir á cola, por moito que se partira hai trinta anos dunha situación pésima, non hai excusa logo de tanto tempo. A xente só ve o ránking actual e non pensa no de antes.

9 Oscar

Debe haber unha política de esquerdas sobre seguridade e unha política de esquerdas sobre inmigración, que agora non a hai o non é seria nin realista.

8 Oscar

Galiza ceive, coidado con terlles pena. A historia ensinounos que a mellor defensa contra o fascismo e o nazismo é un ataque a tempo, pese ao que diga algún utópico coma Askelpios. Se a URSS, Europa i EEUU respostaran a tempo contra a invasión de alemana de Checoslovaqúia e Austria e contra a italiana de Libia e Etiopía, quizáis non tería durado tanto nin causado tantas baixas a Segunda Guerra Mundial. Non hai historiador que non recoñeza que iso foi un erro garrafal.
Có feixismo que se está extendendo en España hai que facer o mesmo; coa diferencia de que estamos nún país democrático e non é necesaria unha resposta violenta, senón que é mellor unha resposta democrática. Agora máis ca nunca, todos os partidos democráticos (PSOE, IU, CiU, PNV, BNG, etc.) deben deixar aínda máis illado ao PP, deben combater en todas as campañas o novo lepenismo do PP. Non deben deixar que o racismo se estenda de forma xeralizada nos chamados "cinturón vermellos" das cidades. Deben combater ao PP con máis argumentos na súa contra ca nunca. ZP debe deixar o seu sorriso de Bambi, o seu "por cada insulto, una sonrisa" (ou coma eu penso, que mexen por nós e teñamos que dicir que chove) e contraatacar ao PP pola súa xestión en Madrid e Valencia. Antes que o fenómeno se estenda a toda España que é o que queren facer para ter os votiños ben asegurados.
Se non cres que o queiran estender a toda España, revisa as hemerotecas ou fai un pouco de memoria e revisa o escándalo que se produxo nas municipais do ano pasado có gallo da presentación dún vídeo do PP de Badalona (Barcelona) no que relacionaba a inseguridade coa inmigración. O escándalo na prensa foi tremendo en Catalunya, e todos sinalaron có dedo a Xabier García Albiol, o candidato do PP de Badalona, a quén Rajoy coñece personalmente (¿Lembras cando Rajoy estivo en Catalunya e lle tiraron ovos nun mercado? ¿Lembras que dixeran que naquel intre un do PP, que lle facía as veces de gardaespaldas a Rajoy, batéulle a varios dos presentes? Ese foi. Todo un peligro, agresivo e feixista, o peor do peor; o peor de todo é que din que tén futuro no PP catalán; de feito foi un dos que sonou para substituír a Piqué).
A cousa é que có video que che conto, o PP probou por primeira vez a estratexia de facer populismo coa inmigración. Nas municipais, o PP non gañou, pero quedou segundo e moi preto do PSC, que obtivo o seu resultado máis baixo nunha gran cidade catalana (conta con que o PSC goberna todas esas cidades, polo que o resultado do PP tén máis "mérito" aínda). Vendo que daba resultado, o PP estendeu esa estratexia a toda España, especialmente tras comprobar, tras as municipais, que sí tiña posibilidades de crecemento importantes nos "cinturóns vermellos". Por iso a campaña de "somos el partido de los currantes", "no queremos el cánon que perjudica a los currantes", "su devolución de 400 € es la misma para un rico y un currante", por si o debate fácil, o populismo, a mirada negativísima, etcétera, etcétera.
Non debemos ignoralos (aos do PP). Debemos poñer argumentos contra eles xa.
E sobre todo, erro da esquerda, deberá tomarse máis en serio a partir de agora os temas de seguridade e inmigración,anque sexa dende unha perspectiva diferente a da dereita, pero máis realista ca agora, ou seguirá perdendo poder, coma xa estamos a ver en Europa.