O primeiro asasinato machista do ano deixa moita "dor" e "rabia" en Galicia

Os principais líderes políticos lamentan esta nova morte e piden medios para loitar contra a lacra machista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, expresou este luns a súa "dor" ao coñecer "un novo caso de asasinato machista en Galicia", o primeiro que rexistra a comunidade desde setembro de 2021.

"Moita dor ao coñecer un novo caso de asasinato machista en Galicia. Non hai suficientes palabras para condenar esta atrocidade que sofren as mulleres", afirma Rueda a través dun comentario na súa conta de Twitter.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, subliña a "inmensa rabia e indignación" por este "novo crime machista" e resalta que é "necesario redobrar recursos, medios e prevención da violencia machista".

Manda tamén, mediante outro comentario en Twitter, "todo o apoio e afecto á familia e amizades da vítima" e compromete "seguir traballando polo dereito das mulleres a vivir libres e sen violencias".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, incide na "enorme rabia e dor" que provoca "o asasinato dunha muller en Baiona" e avisa de que "non se pode baixar a garda na loita contra a violencia machista nin transixir cos negacionistas desta secuela". "Vaia por diante todo o meu apoio e agarimo á familia e amizades da vítima", indica nesta mesma rede social.

Tamén a delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentou que haxa "outra muller asasinada" e expresar "outra vez a dor, a rabia e a impotencia que causa a violencia machista".

Manifestación contra a violencia machista | AXM
Manifestación contra a violencia machista | AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta