O Plan de Recuperación estatal outorgou axudas a máis de 5.000 empresas dentro das súas diferentes liñas

"O Plan de Recuperación está a chegar a Galicia e ás súas pemes", indicou tras reunirse coa xunta directiva a Asociación de Empresarios de Pocomaco, encabezada pola súa presidenta, Lucía López Teijeira.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/02/2023 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Máis de 5.500 empresas galegas xa recibiron fondos do Plan de Recuperación do Executivo central nas súas diferentes liñas de axuda, segundo datos achegados polo delegado do Goberno, José Miñones, con motivo dunha reunión con empresarios do polígono de Pocomaco.

En concreto, o delegado informou de que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital xa concedeu máis 12.000 bonos a pemes e autónomos de Galicia a través programa Kit Dixital, o que supón unha inxección de 58 millóns de euros do Plan de Recuperación ao tecido empresarial galego.

"O Plan de Recuperación está a chegar a Galicia e ás súas pemes", indicou tras reunirse coa xunta directiva a Asociación de Empresarios de Pocomaco, encabezada pola súa presidenta, Lucía López Teijeira.

Na reunión, que tivo lugar neste polígono da Coruña, José Miñones trasladou ao empresariado as convocatorias e investimentos do Plan de Recuperación do Goberno das que se poden beneficiar actualmente as compañías galegas para potenciar a súa modernización.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese con empresarios do polígono de Pocomaco. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese con empresarios do polígono de Pocomaco. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta