Aviso amarelo este martes na costa galega por fortes ventos no mar

Os refachos serán de forza 7, pero a partir de mediodía poderían alcanzar o nivel 8.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

Toda a costa galega estará este martes con senllos avisos amarelos por ventos no mar que soprarán desde o nordeste de forza 7, que poderían alcanzar a forza 8.

Segundo a información na web de Meteogalicia, a alerta que este luns afectou á Costa da Morte estenderase durante toda a madrugada e a mañá do martes. Os refachos serán de forza 7, pero a partir de mediodía poderían alcanzar o nivel 8.

Precisamente ao mediodía, o aviso comezará no noroeste da provincia da Coruña. Ás Rías Baixas chegará ás 18,00 e á Mariña, ás 21,00 da noite.

Ondas xigantes nun gran temporal
Ondas xigantes nun gran temporal | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta