Activo un incendio forestal no Concello de Muíños e que afecta ao parque do Xurés

O lume entrou desde Portugal ao concello ourensán.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 06/02/2023 | Actualizada ás 22:36

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia.

Un incendio da Serra do Xurés en 2022
Un incendio da Serra do Xurés en 2022 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

O lume orixinouse sobre as 18,00 h. en Portugal en dous focos diferentes e, posteriormente, entrou en Galicia. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas dúas hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control traballan 2 axentes, 2 brigadas e 3 motobombas.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta