Segundo gran lume que afecta o parque do Xurés en dous días

Hai xa 40 hectáreas queimadas en Muíños nun incendio que se iniciou con dous focos diferentes en Portugal.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/02/2023 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informou dun incendio forestal activo que afecta o municipio ouresano de Muíños e que queimou xa unhas 40 hectáreas de terreo, algunhas dentro do Parque Natural do Xurés.

En concreto, o lume orixinouse sobre as 18,00 horas en Portugal, en dous focos diferentes, e desde alí entrou en Galicia pola parroquia de Prado de Limia, en Muíños. Nos labores de control traballan dous axentes, dúas brigadas e tres motobombas.

Segundo a última información de Medio Rural, o lume afectaría a unhas 40 hectáreas de terreo, parte delas pertencentes ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Trátase do segundo lume que afecta estes días a este parque natural, despois de que este luns se dera por extinguido outro incendio, tamén procedente de Portugal, no municipio ourensán de Calvos de Randín.

Un incendio da Serra do Xurés en 2022
Un incendio da Serra do Xurés en 2022 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta