Por E.P. | | 07/02/2023 | Actualizada ás 12:00
A compravenda de vivenda pechou 2022 en número vermellos en todas as comunidades autónomas, cunha caída media das operacións do 17,8% en decembro, con respecto ao mesmo mes do ano anterior que en Galicia alcanzou o 13,8%.
En canto aos prezos medios por metro cadrado, na comunidade galega aumentaron ata o 4,1% en comparación con decembro de 2021, mentres no conxunto do Estado situáronse moi preto do 0% de crecemento.
Así o informa o Colexio Notarial de Galicia en base aos datos do Centro de Información Estatística do Notariado (CEN). De acordo cos mesmos, as cifras mostran un "acusado arrefriado" do mercado inmobiliario en 2022 respecto de 2021, con incrementos no primeiro trimestre do ano que "diluíron ou reverteron" a tendencia alcista do último trimestre.
En relación ao conxunto de 2022, o número de compravendas en todo o Estado aumentou nun 6,1% anual, ata alcanzar as 719.680 unidades, a maior cifra en 15 anos. Algo similar sucedeu en Galicia, cun crecemento anual do 3,3% e 25.985 operacións que marcan unha cifra marca desde 2011.
Con todo, se no conxunto estatal as compravendas pasaron de crecer un 22,8% interanual no primeiro trimestre de 2022 a descender un 10,6% no cuarto, en Galicia os elevados crecementos de principios de ano contrastan tamén coas taxas negativas dos últimos meses, pechadas co citado 13,8% de decembro.
AUMENTO DE PREZOS EN GALICIA
Algo parecido sucedeu cos prezos da vivenda. En 2022 o prezo medio do metro cadrado aumentou no conxunto do Estado un 7,2% anual. "A recuperación da actividade e dos prezos inmobiliarios seguiu sendo dinámica en 2022, aínda que menor que en 2021, ano que se viu favorecido, comparativamente, polo anómalo exercicio de 2020 debido ao impacto da crise sanitaria e económica do Covid 19", explica o Colexio Notarial de Galicia.
Se en 2022 os prezos medios por metro cadrado creceron a taxas do 11,0% no primeiro cuarto do ano, moderáronse ata o 3,5% no último cuarto, situándose incluso moi preto do 0% en decembro pasado.
No que respecta a Galicia, pola contra, se no cómputo anual os prezos do metro cadrado creceron un 2%, no último mes aumentaron "lixeiramente" ata o 4,1% respecto ao mesmo mes de 2021.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.