A Xunta advirte que estará "vixiante" para que Ence cumpra agora os compromisos adquiridos para quedar na ría

Interpreta que o fallo de Ence "avala" o seu recurso ante o Supremo polo regulamento de Costas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2023 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

A decisión do Tribunal Supremo que lle deu a razón a Ence para que quede na ría de Pontevedra ata o 2073 non é "gratis". Iso foi o que insinuou este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao avaliar as repercusións da sentenza e, sobre todo, os compromisos que a multinacional adquiriu para poder seguir operando na ría cando o Executivo de Mariano Rajoy lle concedeu a prórroga.

O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra, a 7 de febreiro de 2023, en Pontevedra, Galicia (España). A sección quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo estimou os recursos presentados por Ence e outras entid. Gustavo da Paz - Europa Press
O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra, a 7 de febreiro de 2023, en Pontevedra, Galicia (España). A sección quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo estimou os recursos presentados por Ence e outras entid. Gustavo da Paz - Europa Press

"Ence ten que cumprir varios compromisos", dixo Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Esta prórroga, lembrou, levaba aparellados unha serie de compromisos de investimento, de coidado do medio ambiento e un plan social que "agora hai que esixirlle que cumpra. " Agora estaremos vixiantes", apuntou.

De feito, a Xunta participa na construción das instalacións de depuración en Lourizán e tamén noutras que teñen que ver coa ampliación das instalacións. Todas estas infraestruturas quedaron suspendidas ata coñecer a sentenza do TC. Agora que se sabe, Rueda foi contundente; "terá que cumprir os requisitos medioambientais porque a prórroga é válida pero ten que cumprir os requisitos marcados", dixo.

Sobre a petición do sindicato CC.OO. que reclamou que a construción da planta de papel tisú prevista para as Pontes se traslade á ría de Pontevedra, Rueda foi máis cauto. "É unha petición dun sindicato e non imos entrar nos plans internos da empresa", dixo.

LEI DE COSTAS

Por outra banda, o Goberno galego analizou na súa reunión semanal, desde unha perspectiva xurídica, o fallo do Tribunal Supremo (TS) que corrixe sentenzas previas da Audiencia Nacional e ratifica a prórroga a Ence para que siga na ría de Pontevedra ata 2073. A Xunta considera que pode ter efectos "favorables" aos seus intereses en relación a outras normas recorridas, en concreto, o regulamento estatal de Costas.


Segundo explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, á espera de coñecer o contido do fallo e de acordo cos servizos xurídicos autonómicos, o Executivo entende que o recente fallo "avala a tese" que sustenta o recurso autorizado o ano pasado pola Xunta, tamén ante o TS, contra o regulamento estatal de Costas.

Así mesmo, Rueda tamén incidiu en que o Goberno autonómico ve no fallo de Ence un apoio ás premisas que aplicaron no desenvolvemento da lei galega do litoral, que está en preparación. En concreto, no seu día a Xunta recorreu o regulamento de Costas co obxectivo --reiterou o mandatario galego na súa intervención deste xoves-- de evitar os efectos negativos que, baixo o seu punto de vista, carrexa para propietarios particulares e para a industria instalada desde hai "moitos anos" no litoral de Galicia.

Entre outras cuestións, o Goberno galego aludía no seu recurso á eliminación da posibilidade de prórrogas extraordinarias de todas as concesións de actividades económicas; e establecía unha duración máxima de 30 anos para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta