Rebaixan a condena a dous novos agresores sexuais pola lei do "só si" pero rexeitan a revisión doutros 16

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisaron e emitiron polo menos 100 decisións

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2023 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña decidiu rebaixar as penas impostas a outras dúas persoas condenadas por delitos sexuais en aplicación do novo marco de penas da lei do 'só si é si', da que non se beneficiarán outros 16 casos nos que os maxistrados rexeitaron revisar o resultado das sentenzas.

Este xoves, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) difundiu unha nova remesa de resolucións sobre peticións de revisións de condenas en apliación da Lei de Garantías Sexuais, neste caso, da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, en aplicación da nova lei.

Así pois, as dúas condenas revisadas á baixa reducen en dous anos e catro meses e nun ano e medio as penas de prisión impostas a dous agresores sexuais. O primeiro dos casos é o dun home condenado por dous agresionse sexuais en grao de tentativa cometidas contra dúas mulleres en xaneiro de 2021 na Coruña.

En consonancia co criterio de Fiscalía, os xuíces estiman que o novo arco de penas lde prisión para os delitos polos que foi condenado son inferiores ás que existían co marco lexislativo previo á lei do 'si é si', co que determina rebaixar de 4 anos e dous meses a 3 anos a pena de prisión por cada un dos delitos.

Ademais, tamén accede a fixar en cinco anos e medio a pena de cárcere a un home condenado inicialmente a sete anos de prisión por un delito de agresión sexual nun local social de Narón.

"Feita a comparativa entre a normativa penal que foi aplicada na sentenza que nos ocupa e a que contén a nova lexislación, é evidente que resulta esta última máis favorable", sinalou o tribunal.

Na súa argumentación, os maxistrados explican que na sentenza foi determinado que ao non alcanzarse "o punto medio" no arco de penas por agresión sexual (de seis a doce anos coa anterior lei) porque non implicou "o espido da vítima" e a violencia "non foi excesivamente lesiva nin tivo o asalto unha duración prolongada no tempo".

Por tanto, ao variar o marco de penas para o mesmo tipo de conduta e ser agora de catro a doce anos de prisión, concede unha rebaixa aos 7 anos ao interpretar como "indubidable" que a nova lei "é máis favorable" ao reo.

Por contra, a Audiencia rexeitou a revisión doutras 16 sentenzas condenatorias a agresores sexuais. En todas elas, os xuíces determinan que a Lei de garantías sexuais non lles beneficia, polo que mantén as penas como foron fixadas.

MÁIS DE 40 REBAIXAS DE CONDENAS

Desde a entrada en vigor da Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, as audiencias provinciais galegas e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisaron e emitiron polo menos 100 decisións --tanto revisións de penas xa impostas como recursos-- referir# a condenas.

Delas, polo menos 44 supuxeron unha rebaixa da pena dos delincuentes, mentres que no resto de ocasións, unhas 56, foi mantida a condena porque a Lei do só si é si suporía que o xuízo se saldaría cunha pena maior que na que se puxo no seu momento. Aínda que, non transcenden desde as audiencias todas as peticións, tal e como aclararon fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Xunta.

O CGPJ SOLICITA AS RESOLUCIÓNS

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou no seu Pleno deste xoves solicitar agora aos Tribunais Superiores de Xustiza (TSJ) e ás audiencias provinciais as resolucións ditadas en relación coa aplicación da coñecida como 'lei do só si é si', que propiciou xa máis de 465 rebaixas de pena e preto de 40 excarceracións, segundo os datos solicitados por Europa Press.

O CGPJ informou de que, a proposta da vocal e presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Anxos Carmona, "dirixirase aos presidentes dos TSJ e das audiencias provinciais para que remitan ao órgano de goberno dos xuíces todas as resolucións ditadas en relación coa Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual".

"A petición ten como fin facer unha análise detallado das incidencias xurdidas na aplicación da lei e poder ofrecer datos contrastados de maneira transparente", indica o CGPJ nun comunicado. Ademais, sinala que, "con este obxecto, o Pleno acordou que a Comisión Permanente provea ao Observatorio dos medios materiais e persoais necesarios para realizar ese labor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta